Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DUNHA PRAZA DE CHOFER DE TRACTOR ROZADORA NO CONCELLO DE BALTAR

06 Xul 2018

É un contrato de tres meses e medio

O concello de Baltar fai público no BOP do 6 de xullo a convocatoria para a contratación laboral, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 03/07/2018 para unha praza de chófer de máquina rozadora. A modalidade de contratación será contrato laboral temporal a xornada completa e a duración do contrato de tres meses e medio. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. As retribucións totais son de 954,92 € brutos/mes (incluidas pppe). O prazo de presentación de instancias é de 3 días hábiles contados dende o día seguinte á publicación no BOP, no rexistro do concello de Baltar, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. A exposición do texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal.

Volver