Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DUNHA PRAZA DE CHÓFER DE ROZADORA NO CONCELLO DE XUNQUEIRA DE AMBÍA

06 Xun 2018

Trátase dunha contratación temporal

O concello de Xunqueira de Ambía fai público no BOP do 6 de xuño, mediante resolución do día 1 de xuño de 2018, a aprobación das bases para a contratación laboral temporal dun/ha chófer de máquina rozadora para levar a cabo os traballos de limpeza e roce. As instancias, dirixidas ao alcalde, presentaranse no rexistro xeral do concello, de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de cinco días naturais seguintes a aquel en que apareza publicado este anuncio no BOP. As bases encontraranse na Secretaría deste concello e poderán ser examinadas por quen o desexe durante as horas de oficina.

Volver