Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN POSTO TEMPORAL DE PIÓN DE LIMPEZA VIARIA NO CONCELLO DE XINZO DE LIMIA

29 Set 2018

Trátase dun contrato de interinidade

O Concello de Xinzo de Limia fai público o anuncio da oferta dunha praza temporal de Pión de Limpeza Viaria mediante contrato laboral de interinidade, a fin de cubrir a baixa por incapacidade temporal causada polo titular da praza, axustándose ao sistema de baremos en vigor para o persoal laboral temporal actualizado consonte as previsións do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da lei do Estatuto Básico do Empregado Público, co seguinte detalle:

Nº de prazas: 1.

Denominación da praza: Pión de limpeza viaria

Clase de persoal: laboral temporal.

Modalidade de contrato temporal: interinidade.

Duración : até a reincorporación do titular da praza.

Funcións: as propias que se deriven da natureza da praza ofertada.

Requisitos imprescindibles:

a) Ter a nacionalidade española, ou de Estado Comunitario, ou ser cónxuxe de español ou de nacional de Estado Comunitario, ou ser estranxeiro con residencia legal en España.

b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas. Acreditación obrigatoria requirida: certificado médico.

c) Ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder no seu caso da idade máxima de xubilación forzosa.

d) Non haber sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administración Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso a corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que houbera sido separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional de outro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin haber sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ó emprego público. Acreditación obrigatoria requirida: declaración de veracidade.

e) Carné aplicador produtos fitosanitarios

Instancias: En modelo oficial, que será facilitado aos interesados na sede electrónica do Concello de Xinzo de Limia e nas dependencias municipais, e que deberá presentarse no prazo de cinco días hábiles dende o seguinte a aquel en que o anuncio de convocatoria sexa inserido no diario “La Región”, advertindo que en caso de presentar a documentación por algún dos medios recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, os/as solicitantes deberán enviar fax ó concello advertindo deste extremo ó número 988550112, no prazo de cinco días hábiles dende o seguinte á publicación deste anuncio no diario. Do contrario, a súa candidatura non se terá en conta no proceso selectivo.

Proceso selectivo: Mediante a avaliación dos méritos alegados, segundo os baremos que constan no Decreto de data 28/09/2018, en virtude do cal, se procede á convocatoria da presente contratación, que é obxecto de publicación no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica do Concello de Xinzo de Limia

Volver