Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN POSTO DE TRABALLO TEMPORAL NO CONCELLO DO BOLO

15 Xun 2019

Trátase dunha contratación temporal a tempo parcial

O concello do Bolo, por resolución da presidencia, con data 7 de maio do 2019, fai pública no BOP do 15 de xuño a aprobación das bases para a contratación de 1 informador/a turístico (con cargo ao Programa de cooperación en materia de empregabilidade da Deputación Provincial de Ourense). Clase de persoal: laboral temporal a tempo parcial (30 horas semanais). Duración: 3 meses (desde o momento da contratación). Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense. Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello do Bolo en horario de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas Poderán consultar as bases específicas da convocatoria nas oficinas municipais deste concello ou na sede electrónica:
http://obolo.sedelectronica.gal

Volver