Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN POSTO DE TRABALLO TEMPORAL NO CONCELLO DE PARADA DO SIL

17 Feb 2020

É para un/ha axudante de información turística

O concello de Parada do Sil fai pública no BOP do sábado 15 de febreiro a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 12/02/2020 e creación de bolsa de traballo.
Un axudante de información turística:
Modalidade de contratación: contratación laboral temporal.
Xornada completa: 40 horas/semana. Distribución da xornada segundo as necesidades do servizo: de luns a domingo.
Sistema de selección: concurso de méritos
Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP. O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web.

Volver