Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN POSTO DE TRABALLO NO CONCELLO DE CASTRELO DO VAL

11 Mar 2019

É para un/ha chófer de tractor rozadora

O concello de Castrelo do Val fai pública no BOP do 11 de marzo a convocatoria de selección de persoal para a provisión do posto de traballo dun/ha chofer de tractor-rozadora.

A Xunta de Goberno Local, na sesión realizada o día 7 de marzo de 2019, aprobou as bases ás que se axustará o concurso de méritos para seleccionar e contratar temporalmente 1 chofer de tractor-rozadora.

Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no Rexistro do Concello de 9:00 a 14:00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles, seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP.

As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases que se atopan a disposición do público no concello e na páxina web: www.castrelodoval.gal

Volver