Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN POSTO DE TRABALLO DE VENDEDOR/A DE ENTRADAS NAS PISCINAS DE TOEN

06 Xun 2019

É un contrato temporal a xornada completa

O concello de Toen fai público no BOP do 6 de xuño, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir un posto de traballo de persoal laboral temporal, o resumo da convocatoria para coñecemento xeral e chamamento ao proceso selectivo (Exp. 358/2018, subvención empregabilidade).
➢ Número e denominación dos postos: un vendedor/a de entradas das piscinas municipais
➢ Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo
➢ Duración do contrato: tempada de verán 2019 (do 21/06/2019 ao 08/09/2019).
➢ Sistema de selección: concurso de méritos
➢ Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal (http://concellodetoen.sedelectronica.es)
➢ Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do Concello de Toén (rúa Ribadela 1, 32930, Toén), en horario de 8.30 h a 14.30 h, ou por calquera outro medio admitido en dereito

Volver