OFERTA DUN POSTO DE TRABALLO DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR NO CONCELLO DE OÍMBRA
É un contrato temporal ao que se accederá por concurso oposición
O concello de Oímbra fai público no BOP do 7 de setembro o anuncio de selección de persoal para a provisión do posto de traballo para un/ha auxiliar de axuda no fogar. A alcaldía, mediante resolución do 5 de setembro de 2019, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a un/ha auxiliar de axuda no fogar do concello de Oímbra. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de Oímbra, de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, as cales se atopan a disposición do público no concello, no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do concello de Oímbra, oimbra.sedelectronica.gal