Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DUN POSTO DE TRABALLADOR/A SOCIAL NO CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS

10 Xan 2018

Trátase dun contrato temporal

O concello do Barco de Valdeorras fai pública no BOP do 10 de xaneiro a convocatoria do proceso de selección para a formación dunha bolsa de traballo para a ocupación de traballador/a social (G.cotiz. 2) para o Concello do Barco de Valdeorras, para os anos 2018 e 2019.

Convocatoria do proceso de selección que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas mediante Resolución de Alcaldía de data 2 de xaneiro de 2018:

*Denominación da categoría da bolsa de traballo:
- Traballador/a social para o Concello do Barco de Valdeorras.

*Obxecto:
-Formación de bolsa de traballo para a ocupación de traballador/a social, co obxecto de acudir a ela para a cobertura de futuras contratacións laborais temporais que xurdan, de carácter non permanente, que resulten necesarias e que non poidan ser atendidas polo persoal deste concello, durante os anos 2018 e 2019.

*Titulación e requisitos esixidos:
Os esixidos no artigo 3º das bases de convocatoria, sendo entre outros:
- Estar en posesión da titulación de diplomatura en Traballo Social ou grao universitario en Traballo Social na data na que remate o prazo de presentación de instancias; no suposto de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión do documento que acredite de xeito fidedigno a súa homologación.
- Estar en posesión do permiso de conducir en vigor, clase B, e dispoñibilidade de coche.

*Documentación:
- As esixidas nas bases de convocatoria que estarán dispoñibles no portal de transparencia e no taboleiro de edictos electrónico do concello (https://sede.concellodobarco.org).

*Presentación de instancias:
- Por calquera dos medios recollidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de sete días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
- As bases e o anuncio da convocatoria publicarase no portal de transparencia e no taboleiro de edictos electrónico do concello (https://sede.concellodobarco.org); no suposto de non ser posible publicar as bases no portal de transparencia e no taboleiro de edictos electrónico do concello o mesmo día que saia publicada aconvocatoria no BOP de Ourense, entón o prazo de presentación de solicitudes comezará a computarse a partir do día seguinte ó da publicación das bases no portal de transparencia e no taboleiro de edictos electrónico do concello.

Volver