Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DUN POSTO DE TRABALLADOR/A SOCIAL NO CONCELLO DE TRASMIRAS

29 Nov 2018

Crea tamén unha bolsa de emprego

Por Resolución da Alcaldía do 23 de novembro de 2018, aprobáronse as bases de selección para a contratación dun/dunha  traballador/a social para cubrir o posto vacante, por baixa da titular do concello de Trasmiras, e establecer unha bolsa de emprego para o ano 2019, prorrogable un ano máis, para persoas que realicen o servizo “Traballador/a social e o requira as necesidades deste”.

- Modalidade de contratación: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado.

- Xornada: completa.

- Servizo: servizos sociais, traballador/a do Concello de Trasmiras.

- Sistema de selección: concurso-oposición.

- Duración do contrato: o que dure a baixa da titular do servizo, e respecto a bolsa de emprego segundo a necesidade decontratación.

- Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 10 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do concello, de luns a venres en horario de 9.00 a 4.30 h, ou polas outras formas previstas na Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello de Trasmiras, situado nas oficinas municipais e na sede electrónica. Os anuncios sucesivos publicaranse xclusivamente na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do concello de Trasmiras

 

O concello de Trasmiras publica no BOP do 29 de novembro, por resolución da alcaldía do 23 de novembro de 2018, a aprobación das bases de selección para a contratación dun/dunha  traballador/a social para cubrir o posto vacante, por baixa da titular do concello de Trasmiras, e establecer unha bolsa de emprego para o ano 2019, prorrogable un ano máis, para persoas que realicen o servizo “Traballador/a social e o requira as necesidades deste”.

- Modalidade de contratación: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado.

- Xornada: completa.

- Servizo: servizos sociais, traballador/a do Concello de Trasmiras.

- Sistema de selección: concurso-oposición.

- Duración do contrato: o que dure a baixa da titular do servizo, e respecto a bolsa de emprego segundo a necesidade decontratación.

- Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 10 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do concello, de luns a venres en horario de 9.00 a 4.30 h, ou polas outras formas previstas na Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello de Trasmiras, situado nas oficinas municipais e na sede electrónica. Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do concello de Trasmiras

 

Volver