Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN POSTO DE TRABALLADOR/A SOCIAL NO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO

25 Nov 2019

Trátase dunha contratación laboral temporal de duración determinada a xornada parcial

O concello de Castrelo de Miño fai pública no BOP do 25 de novembro a convocatoria para a contratación laboral temporal dun/ha traballador/a social mediante o sistema de concurso de méritos. Unha vez aprobadas as bases reguladoras da selección para a cobertura con carácter laboral temporal dun/ha (1) traballador/a social, mediante concurso de méritos a xornada parcial, publícase resumida a convocatoria para xeral coñecemento:
1. Número e denominación do posto: un (1) posto de traballador/a social.
2. Modalidade de contratación: laboral temporal de duración determinada a xornada parcial.
3. Sistema de selección: concurso de méritos.
4. Bases da convocatoria: publicadas integramente no taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello https://castrelo.sedelectronica.gal
5. Prazo e lugar de achega de solicitudes: sete (7) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do Concello de Castrelo de Miño, en horario de 8.30 a 14.30 horas; na sede electrónica do concello ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

Volver