Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN POSTO DE PIÓN DE PROTECCIÓN CIVIL NO CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN

06 Set 2019

Trátase dun contrato de tres meses a xornada completa

O concello de Calvos de Randín fai pública no BOP do 6 de setembro a convocatoria para a contratación laboral dun/ha pión de Protección Civil, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía, con data 3 de setembro de 2019:
1º.- Número e denominación das prazas: un/ha pión de Protección Civil.
2º.- Modalidade de contratación: contrato laboral a xornada completa.
3º.- Duración do contrato: tres meses.
4º.- Sistema de selección: concurso de méritos.
5º.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días naturais, contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, se o último día cae en sábado ou domingo, pasará ao luns seguinte, no rexistro do concello de Calvos de Randín, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial, remitirá ao correo deste concello  (concello.calvosderandin@eidolocal. es) copia dela o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial.
6º.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Volver