Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN POSTO DE ORIENTACIÓN LABORAL NO CONCELLO DE VIANA DO BOLO

03 Dec 2019

Trátase dun contrato temporal

O concello de Viana do Bolo fai público no BOP do 3 de decembro, á vista do expediente de concesión de subvención a este concello para a contratación de persoal técnico para a realización de accións de orientación laboral, ao abeiro da Orde, do 10 de xaneiro de 2019, da consellería de Economía, Emprego e Industria no exercicio 2019, con data 05.09.2019 iniciouse o proceso para a preselección das persoas candidatas a través de oferta tramitada ante a oficina de emprego de Viana do Bolo. Con data 14.10.2019, procedeuse á contratación da candidata preseleccionada por este concello e baremada polo Servizo de Orientación Laboral, que superou a puntuación mínima total en currículo de 3,5 puntos. Con motivo da renuncia voluntaria da persoa contratada, e non existindo na bolsa de emprego persoas candidatas que superen a baremación do Servizo de Orientación Laboral de 3,5 puntos, é polo que este concello acorda iniciar un novo proceso de preselección de candidatos/as para a contratación de persoal técnico de relevo para a realización de accións de orientación laboral, e para o cal terán á súa disposición, na páxina web deste Concello: https://www.vianadobolo.gal/portalcidadan/index/gl, a resolución da alcaldía que recolle os requisitos imprescindibles para superar a fase de baremación do currículo e as indicacións do dito proceso, concedendo un prazo de 10 días para a presentación de instancias, a contar dende o día seguinte á publicación deste anuncio no BOP. As instancias poderán ser presentadas por calquera dos medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 30/2015, de procedemento administrativo común das administracións públicas. No caso de presentar a solicitude por algún dos ditos medios, deberá ser comunicado ao concello de Viana do Bolo por correo electrónico (concello.vianadobolo@eidolocal.es), achegando o xustificante do envío.

Volver