Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DUN POSTO DE MONITOR/A AFD NO CONCELLO DO BARCO

15 Xan 2018

Impartirá o curso de "Instalación e Mantemento de Xardíns e Zonas Verdes"

O concello do Barco de Valdeorras fai pública no BOP do 15 de xaneiro a convocatoria para a contratación laboral temporal, a tempo parcial (5 h diarias) dun/dunha docente para a impartición das tres U.C. e do módulo de prácticas profesionais non laborais que forman parte do temario do curso do Plan AFD, correspondente a un certificado de profesionalidade de nivel 2, denominado Instalación e Mantemento de Xardíns e Zonas Verdes.
Convocatoria para a contratación laboral temporal que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas mediante resolución de Alcaldía de data 9 de xaneiro de 2018:
*Obxecto e denominación do posto:
- Contratación laboral temporal dun/dunha docente, mediante a modalidade contractual de servizo determinado, a tempo parcial (5 h/día) e por unha duración de 470 horas -salvo que por causas xustificadas o curso se cancele con anterioridade á data prevista de finalización-, para impartir as tres UC e o módulo de prácticas profesionais non laborais que forman parte do temario do curso do Plan AFD, correspondente a un certificado de profesionalidade de nivel 2, denominado Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes.

Volver