Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE DOUS POSTOS TEMPORAIS NO CONCELLO DOS BLANCOS

05 Dec 2018

Son pra limpador/a e auxiliar de axuda no fogar

O concello dos Blancos fai público no BOP dop 5 de decembro por decreto da alcaldía con data de 1 de decembro de 2018, a aprobación das bases específicas para a selección e posterior contratación de un traballador/a para o posto de limpador/a e outro para auxiliar de axuda no fogar.
Denominación dos postos: limpador/a e auxiliar de axuda no fogar
Duración do contrato: seis meses.
Clase de persoal: laboral temporal.
Prazo de presentación de solicitudes: nos catro días hábiles seguintes ao de publicación do anuncio de convocatoria no BOP, no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Máis información nas bases específicas da convocatoria, que poderán ser consultadas no concello dos Blancos, en horario de oficina.

Volver