Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN POSTO DE EDUCADOR/A FAMILIAR NO CONCELLO DE TOEN

18 Nov 2019

Trátase dun contrato laboral temporal

O concello de Toen fai público no BOP do 18 de novembro, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir 1 posto de traballo de persoal laboral temporal, o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao proceso selectivo (expediente 306/2019).
- Número e denominación dos postos: 1 educador/a familiar.
- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo.
- Duración do contrato: ata o día 30/06/2021.
- Sistema de selección: concurso de méritos.
- Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal (http://concellodetoen.sedelectronica.es).
- Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do Concello de Toén (rúa Vilar, 65, 32930 Toén), en horario de 8.30 h a 14.30 h, ou por calquera outro medio admitido en dereito.

Volver