Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DUN POSTO DE AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO NO CONCELLO DE VILAMARÍN

04 Out 2017

Cubrirá a baixa dunha traballadora

O concello de Vilamarín, unha vez aprobadas as bases que rexerán a contratación por concurso de 1 auxiliar de axuda a domicilio en réxime laboral temporal a xornada completa, publica no BOP do 4 de outubro o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso. Trátase dun posto de auxiliar de axuda a domicilio para o Servizo de Axuda a Domicilio do Concello de Vilamarín, mediante concurso, en réxime laboral e con carácter temporal para cubrir, de forma urxente, a baixa por enfermidade dunha traballadora e, en todo caso, como máximo ata o 31 de decembro de 2017. A modalidade de contratación será contrato por obra ou servizo, de duración determinada a tempo completo. O sistema de selección por concurso. O prazo e lugar de presentación das solicitudes será de 5 días naturais seguintes ao da publicación do anuncio no BOP  (4/10/17) de Ourense, no Rexistro Xeral do Concello de Vilamarín, situado na avda. de Santiago Apostol, n.º 5 (32101 – Vilamarín), en horario de 09:00 a 14:00 horas, o a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Volver