Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN POSTO DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O NO CONCELLO DE MANZANEDA

08 Ago 2019

Crearán unha bolsa de emprego

O concello de Manzaneda fai pública no BOP do 8 de agosto a convocatoria de procedemento de selección polo sistema de concurso, con carácter de urxencia, dun/ha auxiliar administrativo, persoal laboral temporal e posterior elaboración dunha bolsa de emprego, para o concello de Manzaneda. Por resolución da alcaldía con data 5 de agosto de 2019, aprobáronse as bases da convocatoria indicada. As persoas aspirantes que desexen tomar parte no proceso selectivo indicado deberán facelo constar mediante solicitude, dirixida ao alcalde do concello de Manzaneda, conforme aos modelos que figuran na súa aede electrónica www.concellodemanzaneda.sedelectronica.gal
A presentación das solicitudes faranse no rexistro do concello, en horario de 9.00 a 13.30 ou en calquera dos restantes lugares previstos no artigo 16 Lei da 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, no prazo de tres (3) días naturais dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense. As bases poden ser consultadas na sede electrónica municipal do concello de Manzaneda (www.concellodemanzaneda.sedelectronica.gal), así coma no taboleiro de anuncios.

Volver