Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN POSTO DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O NO CONCELLO DA TEIXEIRA

04 Abr 2019

É un contrato de 5 meses

O concello da Teixeira fai público no BOP do 4 de abril a convocatoria para a contratación laboral segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía de data 7 de marzo de 2019 pra un/ha auxiliar administrativo con modalidade de contratación laboral temporal e duración do contrato de 5 meses. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. O prazo e lugar de presentación de solicitudes é de 5 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello da Teixeira, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou a través de calquera dos medios previstos na Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O texto íntegro das bases está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web: www.ateixeira.es

Volver