Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DUN POSTO DE AUXILIAR ADMINISTRATIV@ NO CONCELLO DE CARBALLEDA DE VALDEORRAS

09 Xan 2018

Trátase dun contrato temporal

O concello de Carballeda de Valdeorras fai públicas no BOP do 9 de xaneiro as bases que rexerán a contratación, ao abeiro da subvención concedida a este concello dentro do Programa provincial de cooperación cos concellos en materia de empregabilidade para o exercicio de 2018, dun/ha auxiliar administrativo como persoal laboral temporal de duración determinada (con duración estimada de 11 meses)

1ª.- Estas bases teñen por obxeto regular a contratación temporal dun/ha auxiliar administrativo a xornada completa cunha duración estimada de 11 meses, de conformidade coa subvención concedida para tal fin pola Deputación Provincial de Ourense a este concello con cargo ao Programa de cooperación cos concellos en materia de empregabilidade para o exercicio de 2018. A retribución mensual establecida será de: 1.119,42 € brutos mensuais, incluída xa a parte proporcional de paga extra.

2ª.- A selección realizarase mediante a avaliación dos méritos e de conformidade coa puntuación que se indica: 1 punto por estar en situación de paro, inscrito no servizo público de emprego de Galicia como demandante de emprego no posto  de traballo de auxiliar administrativo. 1 punto por estar actualmente empadroado/a en este municipio cunha antigüidade ininterrompida superior a un ano. 1 punto por cada mes completo de prestación de servizos como auxiliar  administrativo contratado por este concello. En caso de empate resolverase a favor do candidato/a que acredite unha maior prestación de servizos como auxiliar administrativo neste concello

3ª.- As instancias ou solicitudes asinadas polo solicitante para tomar parte no proceso de selección, dirixidas á alcaldesa-presidenta, xunto coa documentación acreditativa do cumprimento os requisitos e dos méritos para valorar  presentaranse no Rexistro do concello dentro do prazo de tres días hábiles a partir da publicación da convocatoria no  BOP. A presentación de instancias ou solicitudes por calquera outro medio dos previstos na Lei de procedemento  administrativo común das administracións públicas, comunicarase a este concello dentro do prazo de presentación de solicitudes mediante correo electrónico ao enderezo administracion@concellocarballedavaldeorras.com, achegando copia da instancia e documentación presentada. Xunto coa instancia achegarase copia do DNI ou documento acreditativo da personalidade no caso de ser estranxeiro, teléfono e enderezo de correo electrónico para efectuar as comunicacións e notificacións que procedan.

4ª.- Para participar no proceso de selección, os/as aspirantes han de reunir os requisitos previstos no artigo 56 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, estar en posesión da titulación mínima esixida de técnico medio en xestión administrativa, bacharelato, titulación equivalente ou superior, e acreditación de dispoñer do  nivel Celga 4 no coñecemento da lingua galega.

5ª.- As listas de admitidos e excluídos publicaranse no taboleiro de anuncios do concello ao día seguinte ao de finalización  de presentación de instancias.

6ª.- O tribunal ou órgano encargado da cualificación, de conformidade con estas bases, dos méritos achegados por cada un dos solicitantes será designado por resolución da Presidencia.


7ª.- O/a aspirante seleccionado/a, se non presentase xunto coa instancia a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos previstos no artigo 56 da Lei 7/2007, do 12 do abril, do Estatuto básico do empregado público, presentaraa no día seguinte hábil ao de publicación no taboleiro de anuncios do concello das listas coa puntuación outorgada a cada aspirante e coa proposta do aspirante seleccionado/a.

8ª.- O contrato que se realice á persoa seleccionada será por obra ou servizo determinado, con duración determinada.

Volver