Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DUN POSTO DE ARQUITECTO/A PARA O CONCELLO DE VILAMARÍN

15 Xan 2018

Trátase dun posto laboral temporal

O concello de Vilamarín publica no BOP do 15 de xaneiro, unha vez aprobadas as bases que rexerán a contratación por concurso dun/dunha arquitecto/a para o Servizo de Urbanismo do Concello de Vilamarín, en réxime laboral temporal, a xornada completa, o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso.
1. Número de prazas: 1.
2. Denominación: arquitecto/a.
3. Modalidade de contratación: contrato por obra ou servizo, de duración determinada a xornada completa.
4. Sistema de selección: concurso.
5. Duración do contrato: 9 meses y 15 días.
6. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: 6 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do Concello de Vilamarín, situado en Avda. Santiago Apostol, n.º 5, 32101 Vilamarín, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
7. Bases: o texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e no taboleiro de anuncios da sede electrónica vilamarin.sedelectronica.es

Volver