Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN POSTO DE ARQUITECT@ NO CONCELLO DE VILAMARÍN

14 Mar 2019

Trátase dun contrato por obra de duración determinada

O concello de Vilamarín fai público no BOP do 14 de marzo, unha vez aprobadas as bases que rexerán a contratación por concurso dun/unha arquitecto/a para o Servizo de Urbanismo do Concello de Vilamarín, en réxime laboral temporal a xornada completa,  o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso.
1. Número de prazas: 1.
2. Denominación: arquitecto/a.
3. Modalidade de contratación: contrato por obra ou servizo, de duración determinada a xornada completa.
4. Sistema de selección: concurso.
5. Duración do contrato: 6 meses.
6. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: 10 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do Concello de Vilamarín, situado en Avda. Santiago Apóstol, n.º 5 (32101 Vilamarín), en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
7. Bases: o texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e no taboleiro de anuncios da sede electrónica vilamarin.sedelectronica.es

Volver