Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE TRES POSTOS TEMPORAIS NO CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN

23 Feb 2019

Ofertan contratos temporais a xornada completa

O concello de Calvos de Randín fai públicas no BOP do 23 de febreiro tres convocatorias para a contratación laboral de pión de protección civil, condutor/a de motobomba e auxiliar de axuda a domicilio segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 08.02.2019:

1º.- Número e denominación das prazas: unha de pión de protección civil, unha de condutor/a de motobomba e unha auxiliar de axuda a domicilio

2º.- Modalidade de contratación: contrato laboral a xornada completa.

3º.- Duración do contrato: tres meses (pión de protección civil e condutor/a de motobomba), seis meses (auxiliar de axuda a domicilio).

4º.- Sistema de selección: concurso de méritos.

5º.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles, contados dende o seguinte á publicación do anuncio no BOP, se o último día cae en sábado ou domingo, pasará o luns seguinte, no rexistro do concello de Calvos de Randín, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial, remitirá a o correo deste concello (concello.calvosderandin@eidolocal.es ) copia desta o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial.

6º.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello

Volver