Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE TRES POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE RAMIRAS

14 Feb 2019

Son contratos temporais a xornada completa

O concello de Ramirás fai pública no BOP do 14 de febreiro a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas pola resolución da alcaldía con data 11.02.2019, e creación de bolsas de traballo:

1.- Chofer de tractor con rozadora. - Número de prazas: 1.

2.- Operario de servizos varios. - Número de prazas: 1

3.- Peón de fontanería. - Número de prazas: 1

• Modalidade de contratación: contratación laboral temporal.

• Xornada completa: 40 horas/semana.

• Sistema de selección: concurso.

• Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación  no BOP, no Rexistro Xeral do Concello de Ramirás.

• O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web.

Volver