Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE TRES POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DA TEIXEIRA

10 Dec 2018

Son para auxiliares de axuda no fogar e limpador/a

O concello do Irixo fai público, por resolución do alcalde, con data 29 de novembro de 2018, a aprobación das bases para a selección e posterior contratación dun/ha traballador/a coa categoría de limpador/a e de dúas/dous auxiliares de axuda no fogar.
Duración do contrato: dende o 1 de xaneiro de 2019 ata o 31 de decembro de 2019, cunha xornada de 32 horas mensuais para o posto de limpador/a.
Clase de persoal: laboral temporal.
Prazo de presentación das solicitudes: nos cinco días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no rexistro Xeral do concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, ou na forma prevista no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo. Neste caso, os interesados deberán comunicalo mediante telegrama ou telefax (n.º 988207445) durante o mesmo prazo e horario que o de presentación de instancias. Se o quinto día fose festivo ou sábado, o prazo finalizaría o seguinte hábil. Máis información nas bases das convocatorias, que poderán ser consultadas no Concello da Teixeira en horario de oficina.

Volver