Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE TRES POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DA TEIXEIRA

05 Dec 2019

Son prazas de limpador/a e auxiliares de axuda no fogar

O concello da Teixeira fai públicas no BOP do 5 de decembro por resolución do  alcalde, de data 28 de novembro de 2019, a aprobación das bases para a selección e posterior contratación dun/ha traballador/a coa categoría de limpador/a e dúas/dous auxiliares de axuda no fogar. A duración do contrato: dende a data de incorporación deica o 31 de decembro de 2020 para o posto de limpador/a, cunha xornada de 32 horas mensuais e dende o 01/01/2020 ata o 31/12/2020 para as/os auxiliares. Clase de persoal: laboral temporal Prazo de presentación das solicitudes: nos cinco días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no Rexistro Xeral do concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, ou na forma prevista no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo, neste caso, os interesados deberán comunícalo mediante telegrama ou telefax (nº 988.20.74.45) durante o mesmo prazo e horario que o de presentación de instancias. Se o quinto día fose festivo ou sábado, o prazo finalizaría o seguinte hábil. Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no concello da Teixeira, en horario de oficina.

Volver