Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE SETE POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE BEARIZ

15 Xun 2019

Son contratos temporais

O concello de Beariz fai pública no BOP do 15 de xuño a convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal
1. Número e denominación dos postos de traballo:
• Dúas prazas de persoal de apoio en oficinas municipais a xornada completa.
• Dous peóns de servizos múltiples en instalacións deportivas, culturais e vías públicas a xornada completa.
• Tres peóns de servizos múltiples en instalacións deportivas e culturais a media xornada.
2. Modalidade do contrato: contrato temporal por obra ou servizo determinado.
3. Duración do contrato: 2 meses.
4. Sistema de selección: concurso-oposición.
5. Prazo de presentación de solicitudes: dous días naturais desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
6. As bases específicas poden consultarse no taboleiro de anuncios do Concello de Beariz e na sede electrónica, no
seguinte enlace: https://beariz.sedelectronica.es/board

Volver