Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE SEIS POSTOS TEMPORAIS NO CONCELLO DE VILAR DE SANTOS

05 Dec 2018

Son para auxiliares de axuda no fogar

O concello de Vilar de Santos fai pública no BOP do 5 decembro a convocatoria para a contratación laboral, de 6 prazas pra auxiliares de axuda no fogar. A modalidade de contratación serán contratos laborais temporais para obra ou servizo determinado, con xornada de 25 horas/semana (luns a domingo, festivos incluídos), para os serrvizos xociais, axuda no fogar do Concello de Vilar de Santos. Pra o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. A duración do contrato será deica o 31.12.2019. O prazo e lugar para a presentación de solicitudes é de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do concello, en horario de 9.00 a 15.00 h. O texto integro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios e na paxina web do concello www.vilardesantos.gal

Volver