Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE POSTOS PARA MONITOR@S DE CURSOS AFD

10 Xan 2018

Farán contratos laborais temporais

A mancomunidade de concellos de Verín fai público no BOP do 10 de xaneiro o anuncio da convocatoria para a contratación do persoal laboral temporal que se indica a continuación ,segundo as bases aprobadas por Decreto da Presidencia de data 04/01/2018.
Número de prazas: 8.
Modalidade de contratación: contrato por obra ou servizo determinado a tempo parcial.
Duración do contrato: duración dos cursos ou módulos a impartir.
Denominación dos postos: docentes ou monitores para impartir cursos AFD.
Prazo e lugar de presentación das solicitudes: No prazo dos 5 días hábiles a partir do seguinte o da publicación do anuncio da convocatoria no BOP de Ourense; no Rexistro Xeral da Mancomunidade na C/ Cancelón, 1, 32600 Verín (Ourense), en horario de 9.00 a 14.00 horas.
Exposición das bases: o texto completo das bases está publicado no taboleiro de anuncios e na páxina web da Mancomunidade (www.mancoverin.es). Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente no taboleiro de anuncios e na páxina web da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Verín. (www.mancoverin.es).

Volver