Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE NOVE POSTOS DE DOCENTES NA MANCOMUNIDADE DE VERÍN

14 Set 2017

Impartirán os cursos AFD

A mancomunidade de concellos de Verín fai público no BOP do 14 de setembro o anuncio da convocatoria para a contratación do persoal laboral temporal segundo as bases aprobadas polo Decreto da Presidencia con data 11/09/2017, de 9 prazas con modalidade de contratación por contrato por obra ou servizo determinado a tempo parcial. A duración do contrato será a mesma que a duración dos cursos ou módulos que se van impartir. A denominación dos postos son docentes ou monitores para impartir cursos AFD/2017. O prazo e lugar de presentación das solicitudes farase no prazo dos 5 días hábiles a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP de Ourense (14/9/17); no Rexistro Xeral da mancomunidade na rúa Cancelón, 1 - 32600 Verín (Ourense), en horario de 9:00 a 14:00 horas. Se queres ollar o texto completo das bases abre o pdf que está debaixo da fotografía. Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente na no taboleiro de anuncios e na páxina Web da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Verín. (www.mancoverin.es).

Volver