Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DA XUNTA DE GALIZA 2016

06 Feb 2016

Previsión da oferta de emprego da Xunta de Galiza pro ano 2016

Vimos de conhecer, pola prensa, a OEP (Oferta de Emprego Público) para o ano 2016. O Partido Popular, fiel aos seus principios de utilizar as institucións en beneficio propio, volve a utilizar a Xunta de Galiza para os seus fins electorais.

A promesa electoral consta de 448 prazas para a súa OEP e fana, alí onde se obtenhen réditos electorais: na prensa. Esa prensa hipersubvencionada para vendernos como marabilhosa a desastrosa xestión do executivo de Feijoo. Esa prensa que utiliza os cartos públicos para impor umha visión neoliberal dun mundo onde non se subsidien os servizos públicos, sanitarios ou sociais pero si os medios de comunicación, a banca ou a igrexa.

Esta Oferta de Emprego supón umha nova labazada para os empregados/as públicos que viron que durante os gobernos do Partido Popular se dilapidaban milheiros de postos de trabalho na Administración.

Agora, en vésperas electorais, queren lavar a cara fronte á opinión pública. Mais, as empregadas e empregados públicos sabemos ben que se se lhe presentou a prensa antes que ás trabalhadoras e trabalhadores da Xunta e, precisamente, para obviar a opinión que saben que lhe iamos dar as empregadas/os da Xunta de Galiza. Estes son os datos que mandaron publicar á prensa antes que ao DOG e antes da negociación coas organizacións sindicais:

ANEXO PRAZA$ OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2016:

$ervizos sociais: 146 prazas
Servizo de prevención e extinción de incendios: 124 prazas
Sanidade e saúde laboral: 22 prazas
Corpo de xestión, auxiliar e subalterno: 40 prazas
Corpo Superior, administrativo e auxiliar Iprom.interna): 100 prazas
Informática (prom.interna): 16 prazas
TOTAL Administración xeral 448 prazas

Mestres/as: 500 prazas
Profesores/as ensino secundario: 478 prazas
Educación Profesores/as técnicos/as de FP: 122 prazas
Inspección de educación: 12 prazas
TOTAL Educación: 1.112 prazas

SERGAS (por concretar): 818 prazas

TOTAL Xunta de Galiza: 2.378 prazas

 

Volver