Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

Boletín Informativo SS CIG Deputación

PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE EMPREGO DA DEPUTACION PARA 2017

23 Dec 2017

O pasado 20 de Decembro runiuse a Mesa Xeral de Negociación da Deputación

O pasado 20 de Decembro runiuse a Mesa Xeral de Negociación da Deputación, para tratar a proposta do Goberno da Deputación sobre os procesos selectivos derivados da Oferta de Emprego Público para 2017.

A) PROPOSTA DA CIG:

A Equipa de Goberno da Deputación presentou unha oferta de consolidación de emprego para 32 prazas, ocupadas na actualidade por persoal laboral indefinido, 8 prazas que corresponden a taxa de reposición e 12 prazas de promoción interna.

Esta oferta conta ca novidade de incorporar un proceso de consolidación de emprego que no seu día comentamos que podía ser un “caramelo envelenado” e dicíamos isto porque a consolidación é un proceso especial e, polo tanto, debe levar garantías especiais.

A CIG formulou alegacións á proposta do Goberno da Deputación, nas que achegamos as alternativas que consideramos necesarias para levar adiante o proceso de consolidación. Por exemplo:

- Negociar e consensuar coas centrais sindicais as bases xerais de todas as convocatorias.
- Dereito dos traballadores/as que non superen unha convocatoria a participar nas dúas seguintes sen perder o posto de traballo, incorporándoos a unha bolsa de postos vacantes destinados a tal fin.
- Dereito dos traballadores/as que non superen a 3ª proba a seren indemnizados, no caso de que a Deputación extinga a súa relación laboral, de 45 días de salario por ano de servizo, cun máximo de 42 mensualidades.

Istas propostas, TODAS, foron rexeitadas polo equipo de goberno da Deputación !!!!

B) PROCESO SELECTIVO DA OFERTA DA DEPUTACIÓN PARA OS GRUPOS C2 E AP: SISTEMA DE CONCURSO:

O sistema selectivo previsto na oferta para os grupos C2 e AP é o concurso. Ista medida que a CIG considera útil por evitar que persoas de 50 ou 60 anos teñan que someterse a unha oposición, por escrito, foi rexeitada polas organizacións sindicais CCOO, CSIF e USO; sendo a CIG e o Comité de Empresa os que nos manifestamos a favor do concurso.

Non deixa de sorprender que as centrais sindicais: CCOO, CSIF e USO se posicionaran contra o concurso e a favor do concurso-oposición, minutos despois de que a Deputación se negara a aceptar a proposta de consensuar cos sindicatos as bases dos procesos selectivos, colocando ás centrais sindicais fora de xogo e á marxe do control das regras das convocatorias.

Se queres descarregar o Boletín Informativo da Sección Sindical da CIG na Deputación preme no PDF que hai debaixo da foto

 

Volver