Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE DÚAS PRAZAS DE PIÓNS NO CONCELLO DE RAMIRÁS

02 Xul 2018

Son postos temporais para a “Brigada incendios”

O concello de Ramirás fai pública no BOP do 2 de xullo a convocatoria de selección de persoal “Brigada incendios” para a provisión dos postos de traballo para dúas/dous pións. A alcaldía, mediante resolución do 30 de maio de 2018, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para a selección e contratación laboral temporal. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de tres días hábiles seguintes ao da publicación no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina web do concello de Ramirás.

Volver