Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE DOUS POSTOS NO CONCELLO DE COLES

05 Set 2017

Son para condutor@s de maquinaria forestal

O concello de Coles fai pública no BOP do 5 de setembro a convocatoria para a contratación laboral, en cumprimento do decreto da alcaldía con data 30 de agosto de 2017, para dúas prazas de condutor/a-operador/a de maquinaria forestal con motor, en xeral. A modalidade de contratación será contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado, e a xornada completa, segundo o convenio asinado coa consellería do medio rural. O sistema de selección será concurso de méritos, e a duración aproximada do contrato de 2,5 meses. O salario bruto mensual (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias) por un total de 1.330,00 €. O prazo e lugar para a presentación de solicitudes e alegacións ás bases de selección é de cinco días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP (5/9/17), no rexistro xeral do concello de Coles, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, agás festivos. O texto íntegro das bases de selección está a disposición d@s interesad@s nas oficinas do concello de Coles (Lugar Vilarchao, 34 – 32152 Coles) e na súa páxina web www.concellodecoles.com

Volver