Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE DOUS POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE VILAMARTÍN DE VALDEORRAS

02 Abr 2019

Son para albanel e condutor/a de tractor rozadora

O concello de Vilamartín de Valdeorras fai pública no BOP do 2 de abril a convocatoria para a contratación laboral que se indica:
1.- Número de prazas: 1 condutor/a tractor rozador e outra maquinaria similar e 1 albanel.
2.- Modalidade de contratación: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado.
3.- Xornada: completa.
4.- Sistema de selección: concurso-oposición.
5.- Duración do contrato: ata o 31 de decembro de 2019.
6.- Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 7 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello, en horario de 9:00 a 14:30 horas. (Se o día en que finalice o prazo de presentación de instancias fose sábado ou día inhábil, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte).
7.- O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Volver