Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE DOUS POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE TOEN

11 Dec 2018

Son contratos dun ano de duración

O concello de Toen fai público no BOP do 11 de decembro, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir 2 postos de traballo de persoal laboral temporal, o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso (expediente 360/2018).

Número e denominación dos postos: 1 auxiliar de axuda no fogar, e 1 condutor/a de máquina rozadora.

Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo.

Duración do contrato: ata o día 31.12.2019.

Sistema de selección: concurso de méritos.

Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal http://concellodetoen.sedelectronica.es

Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Toén (rúa Vilar, 65, 32930 Toén), en horario de 8.30 h a 14.30 h, ou por calquera outro medio admitido en dereito.

Volver