Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE DOUS POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE ENTRIMO

16 Nov 2017

Son para Auxiliares de Axuda no Fogar

O concello de Entrimo fai pública no BOP do 16 de novembro a convocatoria para a contratación laboral temporal segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 10/11/2017 pra 2 auxiliares de axuda no fogar, xornada a tempo completo, de luns a domingo, incluídos festivos. A modalidade de contratación será por contrato de obra ou servizo determinado. A duración do mesmo é de 12 meses. O sistema de selección é por concurso de méritos. As retribucións totais son 867,66 €/mes (incluída pppe.). O lugar e prazo de presentación de instancias é de 5 días naturais contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio no BOP (16/11/17), no rexistro do concello ou por calquera dos medios admitidos en dereito. A exposición do texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios e na sede electrónica municipal, http://entrimo.sedelectronica.es

Volver