Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE DOUS POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE ENTRIMO

20 Xul 2018

Son postos pra un/ha pión de servizos varios e un/ha traballador/a de atención de edificios municipais

O concello de Entrimo fai público no BOP do 20 de xullo a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía da data 17.07.2018:
1. Número e denominación das prazas: un peón de servizos varios e un traballador de atención de edificios municipais (casa consistorial, casa da cultura, centro multiusos, tanatorio e polideportivo).
2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada completa.
3. Duración do contrato: nove meses o peón de servizos varios e tres meses o de atención de edificios municipais.
4. Sistema de selección: concurso de méritos.
5. Retribucións totais: 927,99 €/mes (incluída pppe).
6. Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días naturais contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro do Concello de Entrimo ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
7. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal: http://entrimo.sedelectronica.es

 

Volver