Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE DOUS POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE TOEN

01 Feb 2018

Son para un/ha albanel e un/ha pión

O concello de Toén fai público no BOP do 1 de febreiro, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir 2 postos de traballo de persoal laboral temporal, publícase o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso (expediente 372/2017, subvención empregabilidade).
- Número e denominación dos postos: operario de servizos varios (1 oficial de albanelería e 1 peón de albanelería).
- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo.
- Duración do contrato: 7,5 meses.
- Sistema de selección: concurso-oposición.
- Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal (http://concellodetoen.sedelectronica.es)
- Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Toén (rúa Vilar, 65, 32930, Toén), en horario de 8.30 h a 14.30 h, ou por calquera outro medio admitido en dereito.

Volver