Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE DOUS POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE MONTERREI

15 Mar 2019

Son para pións de obras públicas

O concello de Monterrei fai público no BOP do 15 de marzo a convocatoria de selección de persoal para a provisión dos postos de traballo para dúas/dous pións de obras públicas. A alcaldía, mediante resolución do 13 de marzo de 2019, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para a selección e contratación de dúas/dous pións de obras públicas. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9.00 a 14.00 h, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina web www.monterrei.es

Volver