Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE DOUS POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE LOBIOS

24 Mai 2018

Son contratos a tempo completo cunha duración de 2 meses

O concello de Lobios fai público no BOP do 24 de maio a convocatoria para a contratación laboral, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía da data 18/05/2018, das prazas para dúas/dous traballadoras/es para a realización do programa provincial de cooperación en materia de empregabilidade para o exercicio 2018 desempeñando funcións de limpeza, conservación e mantemento de camiños, espazos públicos e parques no termo municipal de Lobios durante 2 meses. A modalidade de contratación será contrato laboral temporal a xornada completa e a duración do contrato de dous meses. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. As retribucións totais serán de 911,25 €/mes (incluída pppe). O lugar e prazo de presentación de instancias é de 10 días hábiles contados dende o seguinte á publicación no BOP, no Rexistro do Concello de Lobios ou por calquera dos medios admitidos en dereito. O texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal, http://lobios.sedelectronica.es

Volver