Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE DEZ POSTOS TEMPORAIS NO CONCELLO DE LOBIOS

29 Mai 2018

Formarán as brigadas de prevención e defensa de incendios forestais

O concello de Lobios fai pública no BOP de 29 de maio a convocatoria para a contratación laboral, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 25/05/2018 das prazas pra dez traballadores/as para a realización do servizo denominado “Brigadas de prevención e defensa de incendios forestais”. A modalidade de contratación serácontrato laboral temporal a xornada completa, e a duración do contrato de tres meses. Para o sistema de selección optaron polo concurso-oposición de méritos. As retribucións totais son as seguintes:
⎯ Xef@ de brigada. Soldo: 1.106,51 euros/mes brutos, incluída a parte proporcional da paga extra.
⎯ Pión condutor/a. Soldo: 1.047,94 euros/mes brutos, incluída a parte proporcional da paga extra.

⎯ Pións forestais. Soldo: 992,39 euros/mes brutos, incluída a parte proporcional da paga extra.
O lugar e prazo de presentación de instancias é de 10 días hábiles contados dende o seguinte á publicación  no BOP, no Rexistro do Concello de Lobios ou por calquera dos medios admitidos en dereito. A exposición do texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal, http://lobios.sedelectronica.es

Volver