Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE DEZ POSTOS TEMPORAIS NA MANCOMUNIDADE CONSO FRIEIRAS

19 Xul 2019

Son para 6 pións, 2 pións condutor@s e 2 xef@s de brigada

A mancomunidade Conso-Frieiras fai pública no BOP a oferta para a contratación de persoal laboral temporal
1.- Prazas:
Seis (6) pións de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.
Dous/Dúas (2) pións-condutores de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.
Dous/Dúas (2) xefas/es de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.
2.-Modalidade contractual
A modalidade contractual será de obra ou servizo determinado a xornada completa do artigo 15.1 do Estatuto dos traballadores por un período de tres meses.
3.- Procedemento selectivo e documentación: A establecida nas bases reguladoras de contratación aprobadaspor Decreto da Presidencia de 26 de xullo do 2019.
4.- Prazo de presentación de instancias
Presentaranse no rexistro xeral do concello da Gudiña durante o prazo de 5 días hábiles (agás sábados) desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. As bases atópanse a disposición do público no taboleiro de anuncios da mancomunidade e na sede electrónica: http://mancomunidadeconsofrieiras.sedelectronica.gal
As contratacións están financiadas a través do convenio entre a consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e a
Mancomunidade I.V. Conso-Frieiras para a creación de 2 brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais.

Volver