Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE DEZ POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE OÍMBRA

21 Xun 2019

Traballarán na brigada antiincendios forestais

O concello de Oímbra fai público no BOP do 21 de xuño o anuncio de selección de persoal para a provisión dos postos de traballo: 2 xefas/es de brigada, 2 pións-condutores e 6 pións. A alcaldía, mediante resolución do 19 de xuño do 2019, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a: 2 xefas/es de brigada, 2 pións-condutor e 6 pións. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de Oímbra, de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica do concello: www.oimbra.es

Volver