Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE DEZ CONTRATOS TEMPORAIS NO CONCELLO DE BALTAR

17 Xul 2019

Son para pións, pións condutor@s e xef@s de brigada antiincendios forestais

O concello de Baltar fai pública no BOP do 17 de xullo a convocatoria para a contratación laboral temporal que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía de data 09/07/2019:
1.- Número e denominación das prazas:
6 pións forestais para a brigada de prevención e defensa de incendios forestais.
2 xefas/es de brigada para a brigada de prevención e defensa de incendios forestais.
2 pións condutoras/es para a brigada de prevención e defensa de incendios forestais.
2.- Modalidade das contratacións: contrato laboral temporal a xornada completa.
3.- Duración dos contratos: tres meses.
4.- Sistema de selección: concurso-oposición.
5.- Retribucións totais:
Para os pións forestais: 1.050,00 € brutos/mes (incluidas pppe).
Para as/os pións condutoras/es: 1.100,00 € brutos/mes (incluidas pppe)
Para os xefes de brigada: 1300,00 € brutos/mes (incluidas pppe).
6.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 3 días hábiles contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do Concello de Baltar, en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
7.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal.

Volver