Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE CINCO POSTOS NO CONCELLO DE BALTAR

11 Dec 2017

Son prazas temporais a tempo parcial para Auxiliares de Axuda no Fogar

O concello de Baltar fai pública no BOP do 11 de decembro a convocatoria para a contratación laboral temporal, segundo as bases probadas por Resolución da Alcaldía da data 05/12/2017, para 5 auxiliares de axuda no fogar (xornada a tempo parcial, de luns a domingo). A modalidade de contratación será contrato laboral temporal para obra ou servizo determinado. A duración do contrato será de 6 meses. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. As retribucións totais serán de 476,00 €/mes (incluida pppe). O lugar e prazo de presentación de instancias é de 5 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación no BOP (11/12/17), no rexistro do concello ou por calquera dos medios admitidos en dereito. A exposición do texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal; http://baltar.sedelectronica.gal.

Volver