Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE CINCO POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE SAN AMARO

15 Xul 2019

Formarán a brigada antiincendios forestais

O concello de San Amaro fai pública no BOP do 15 de xullo a convocatoria de selección de persoal laboral temporal para a brigada de prevención e extinción de incendios 2019, (Convenio de colaboración coa Consellería do Medio Rural).
Número e denominación de postos:
1 xefa/e de brigada
1 pión-condutor/a
3 pións
Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo. Duración do contrato: máximo 3 meses. Sistema de selección: concurso de méritos. Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais, na sede electrónica do concello: https://sanamaro.sedelectronica.gal, ou a través do correo electrónico do concello: concello.de.sanamaro@eidolocal.es. Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, contados desde o seguinte á publicación deste edicto no BOP, de luns a venres en horario de 9:00 horas a 14:00 horas

Volver