Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE CINCO POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE VILAR DE SANTOS

30 Mai 2018

Son contratos laborais temporais a xornada completa

O concello de Vilar de Santos fai pública a convocatoria para a contratación laboral de 5 prazas (convenio de colaboración coa consellaría de medio rural e do mar). Trátase de 4 pións de brigada de prevención e defensa-extinción contra incendios forestais, un/ha xefe/a de brigada de prevención e defensa-extinción contra incendios forestais, tendo como modalidade de contratación a contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado a xornada completa. Para o sistema de selección aplicarán o concurso de méritos. A duración do contrato é de 3 meses. O prazo e lugar para a presentación de solicitudes é de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación  no BOP, no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.30 h. O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios e na paxina web do concello www.vilardesantos.gal.

Volver