Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE CINCO POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE SAN AMARO

03 Xul 2018

Formarán a brigada de incendios forestais

O concello de San Amaro fai pública no BOP do 3 de xullo a convocatoria de selección de persoal laboral temporal para brigada de prevención e extinción de incendios 2018, (convenio de colaboración coa consellaría do medio rural). Trátase dos postos para 1 xef@ de brigada, 1 pión-condutor/a e 3 pións. A modalidade de contratación será contrato laboral temporal por obra/servicio determinado a tempo completo e a duración del contrato máximo 3 meses. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. As bases da convocatoria poderanse obter nas oficinas municipais, na sede electrónica do concello (https://sanamaro.sedelectronica.gal) ou a través do correo electrónico do concello (concello.de.sanamaro@eidolocal.es).  O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles, contados dende o seguinte á publicación deste edicto no BOP, de luns a venres en horario de 9.00 horas a 14.00 horas.

Volver