Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE CATRO POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE CHANDREXA DE QUEIXA

13 Xul 2019

Formarán a brigada antiincendios forestais

O concello de Chandrexa de Queixa fai pública a convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal baixo a modalidade de obra ou servizo determinado para os seguintes postos de traballo:
Un/ha xefa/e da brigada prevención e defensa contra os incendios forestais no concello de Chandrexa de Queixa.
Un/ha pión condutor/a da brigada prevención e defensa contra os incendios forestais no concello de Chandrexa de Queixa.
Dúas/dous pións da brigada prevención e defensa contra os incendios forestais no concello de Chandrexa de Queixa.
Un condutor do tractor-rozadora no concello de Chandrexa de Queixa. O concello de Chandrexa de Queixa abre o prazo de presentación das instancias para a participación no proceso de selección por concurso de méritos que será de cinco (5) días hábiles a computar a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Os interesados poderán consultar as bases de selección nas oficinas municipais en horario de 9:00 a 14:30 horas e na páxina web do concello: www.chandrexadequeixa.es/index.php/gl/

Volver